Sinopsis
El árbol de las almas perdidas é unha historia chea de tenrura e fantasía onde a través de ensinanzas e acontecementos faranos reflexionar realmente en que parte de nós, da nosa vida, nos perdemos. Trata da historia de Lili, unha nena introvertida de once anos que utiliza a imaxinación como refuxio ao mundo que a rodea na realidade, mundo que vai derrubándose coa desaparición do seu pai, a ignorancia da súa nai cara a
ela, a traizón na amizade e a desilusión no amor. Pero todo cambia cando por accidente queda durmida baixo a chuvia nunha árbore sotelada acompañada dun corvo vello pero señorito.