Sinopsis
A vida dos mineiros de principios do século XX está rexida por unha máxima: “Non hai medo, non hai
espera, sol no ceo, traballo na terra”. Os mineiros soportan interminables xornadas de traballo por un mísero
soldo, debuxando tristes postais de familias que comparten mesa e mantel de forma cotiá coa fame. Pero cando se fai palpable que a única vía de saída leva á morte, a loita polos dereitos para unha vida digna disponse a estalar. A unión contra o opresor dá forma á forza. Baseado nunha historia real, o berce da revolución obreira polos dereitos laborais e de vida digna en España.