Sinopsis
A calor nun verán ardente dos 90´ en Bos Aires eleva as hormonas dos curmáns adolescentes, que pasan as súas vacacións, como tantas outras, sen facer moito. Rodeados por unha contorna familiar disfuncional de clase media alta en decadencia, xogan a imitar os roles asignados na súa propia familia. Este xogo lévaos a unha situación que os pon ao límite. Serán descubertos? Ou a familia seguirá vendo o que aparenta ser?