Cine Documental

LOS QUE BUSCAMOS (2019)

Deputación Provincial
xoves, 26 de Novembro de 2020 - 18:00

Enrique foi separado da súa nai ao nacer, Ascensión foi obrigada a entregar a súa filla despois de parir. Ambos son vítimas da trama dos “bebés roubados”, un terreo esvaradío para a xustiza española. Mentres seguen coa batalla legal, continúan coas súas buscas convivindo coa culpa, o  rexeitamento e a construción da súa propia identidade.

SERÁS HOMBRE (2019)

Deputación Provincial
venres, 27 de Novembro de 2020 - 18:00

Serás hombre é un caleidoscopio de ideas que xiran en torno ao machismo
e á socialización en xénero, nun intento de indagar nas raíces profundas da
violencia de xénero. Está protagonizado por dous personaxes extremos: o artista Abel Azcona, que explora a súa dor a través das súas performances e Rafael, un ex proxeneta en conflito coa súa conciencia, que infrinxiu sufrimento a miles de mulleres. En paralelo, as reflexións dun mestre de secundaria, un equipo de publicistas e numerosos pensadores que abordan a mesma temática desde diferentes puntos de vista.