As curtas cine son

EL AGUA (2019)

Vicerreitorado Universidade
luns, 23 de Novembro de 2020 - 17:30

Un home espera nun mundo onde a auga desapareceu. Non hai auga non canos nin nas botellas. Das nubes non cae nin unha gota. O mesmo mar volveuse un deserto. Porén todos se portan como se nada pasara. Nos bares sorben de copas baleiras, dun trampolín lánzase unha saltadora a unha piscina seca. So o protagonista se dá conta da incrible desaparición, e ninguén lle fai caso.

CIENTOUNO (2020)

Vicerreitorado Universidade
luns, 23 de Novembro de 2020 - 17:30

“Se fas 100 pallas, morres”. Esta ameaza, tantas veces repetida polos compañeiros e polo cura do pobo, resoa nos oídos do noso protagonista, un mozo de catorce anos da España rural de principios do século XX, que, apremado polas calores da idade, conta un a un os seus “pecados” para non pasar da raia fatídica, o que lle provoca non poucas preocupacións. Porén un día, chegado aos 99, terá que optar entre a inminencia do inferno e as urxencias da adolescencia. Como acabara ́ a cousa? Así é esta xocosa curta sobre o sentido da culpabilidade

BRUNA (2019)

Vicerreitorado Universidade
luns, 23 de Novembro de 2020 - 17:30

Bruna refúxiase no silencio cando ve a Laia sufrindo acoso na clase, nunca intercambiaron palabra entre elas. Isto cambiará cando se atopen por casualidade cara a cara nunha festa e a súa relación faga un xiro determinante nas súas vidas.

CASA (2019)

Vicerreitorado Universidade
luns, 23 de Novembro de 2020 - 17:30

Teresa, directora dunha inmobiliaria bancaria, pretende vender a unha parella un de tantos pisos baleiros que
teñen propiedade, sen ser consciente que os compradores teñen unha inesperada relación co inmoble.

RÍGIDO (2019)

Vicerreitorado Universidade
luns, 23 de Novembro de 2020 - 17:30

Néstor Caballero (Joaquín Revenga) é un obsesivo compulsivo con dificultades para adaptarse ao mundo que o rodea. Un día aparece morto sentado no sofá do seu veciño. Ninguén parece saber por que.

AL FILO DEL TIEMPO (2019)

Vicerreitorado Universidade
martes, 24 de Novembro de 2020 - 17:30

Niko chega a unha barbería buscándoa a ela a través do cristal. Tere, o seu amor da infancia, traballa ao outro lado. Niko entra e ela, sen recoñecelo, invítao a sentar para proceder ao afeitado. Durante todo o ritual de acicalado, Niko recorda os momentos da súa infancia e ela recoñecerao e recordará o momento no que tiveron que separarse.

UN DIA NORMAL (2019)

Vicerreitorado Universidade
martes, 24 de Novembro de 2020 - 17:30

Un día e unha palabra: Normal. Levantarse pola mañá, facer a cama, almorzar, ducharse. Nun día normal
unha muller é asasinada por ser muller e un mozo negro recibe unha malleira por ser negro. Pero tamén é un día no que podes mexar de risa.