E para comer Lugo...

IFIGENIA (2019)

Biblioteca Provincial
venres, 27 de Novembro de 2020 - 19:00

Cando Ifigenia é invitada a almorzar á casa familiar do seu futuro esposo, non vai coas mans baleiras. Coa esperanza de causar unha boa impresión, ela trae un nena pequena. Porén, cando dous investigadores misteriosos aparecen de repente, as cousas complícanse bastante.

EN TENSION (2020)

Biblioteca Provincial
venres, 27 de Novembro de 2020 - 19:00

Nervios, tensión, esgotamento, satisfacción, adrenalina… a cociña de competición é un cúmulo de sensacións. Documental gravado durante a participación da Selección Española de Cociña Profesional na Culinary World Cup, unha das competicións máis importante de cociña a nivel internacional, que se celebra en Luxemburgo cada catro anos.

ADIOS BÁRBARA (2020)

Biblioteca Provincial
venres, 27 de Novembro de 2020 - 19:00

Bárbara e Julia, nai e filla cunha relación tormentosa pola sobreprotección da nai. Desesperada, Julia cre atopar a solución ao seu problema facéndose pasar por Bárbara para buscarlle traballo por internet, pero acaba sendo botada da súa propia casa. A súa paixón pola cociña levaraas a enfrontarse e resolver as súas diferenzas en TV.