E para comer Lugo...

LA RECETA DEL EQUILIBRIO (2020)

Biblioteca Provincial
martes, 24 de Novembro de 2020 - 19:00

Ricard Camarena basea a súa cociña na horta valenciana. A súa constante busca de harmonía entre sabores seduciu á crítica e traspasou fronteiras. Xunto con Mari Carmen Bañuls, o cerebro que xestiona os restaurantes, forma un equipo indisoluble que superou as grandes adversidades para acadar o éxito, avalado por dúas estrelas Michelín e o recente Premio Nacional de Gastronomía. A parella vive o seu momento máis equilibrado. Equilibrado? A aparición do covid-19 enfróntaos a un desafío sen precedentes: reabrir os seus restaurantes coa incerteza que implica o "novo normal".

VIVIR EN PAZ (2020)

Biblioteca Provincial
mércores, 25 de Novembro de 2020 - 19:00

Ander almorza cada día nunha cafetería coa única compañía dun libro, fuxindo dun pasado violento que desexa esquecer. Alí traballa Sara, unha camareira simpática, atenta e optimista, que trata de mirar cara
adiante e borrar o recordo dunha relación pasada. Co paso dos meses a súa relación intensifícase.

JOSEBA CRUZ (2020)

Biblioteca Provincial
mércores, 25 de Novembro de 2020 - 19:00

Restaurantes 3 estrelas para reinventar o concepto de alta gastronomía.

O documental desvela como e por que Joseba se meteu nesta vida de “Chef” nómade. A través dun road trip polas terras da súa nenez, recorda como o seu apetito pola gastronomía espertou durante as súas viaxes nos Pirineos franceses, pescando co seu primo, e como o converteu en vocación pasando longas horas nos fogóns do Can Fabes. Unha reflexión sobre as orixes, a natureza dun mesmo e o rol do entorno no proceso de creación.

MOIRA (2019)

Biblioteca Provincial
mércores, 25 de Novembro de 2020 - 19:00

Moira é unha muller de férreos costumes, ritmo constante e mirada cadrada. Non lle gustan as sorpresas,nin os lugares cheos de xente, nin as preguntas, nin as ostras, nin mirar cara arriba…, pero na vida, ninguén pode escapar ao inesperado. Por moito que Moira se encerre nas súas rutinas solitarias, un encontro luminoso, que lle fará abrir esa mirada cara dentro e cara o mundo que o rodea, é inevitable.

FLATO (2019)

Biblioteca Provincial
mércores, 25 de Novembro de 2020 - 19:00

Tras ver un documental de comida mala, unha moza queda tan impactada que decide cambiar os seus malos hábitos. Lánzase a correr, o que dispara un tropel de pensamentos que o fan cuestionar as razóns que a levaron ata alí.

I DON´T THINK IT IS GOING TO RAIN

Biblioteca Provincial
mércores, 25 de Novembro de 2020 - 19:00

A medida que se aproximan as festas do 1 de maio, Ling Xiuzhen e o seu neto deciden visitar Zhujiajiao, un pequeno pobo coñecido polo pescado e o marisco. Alí ela fundou un restaurante de estilo chino tradicional, que foi transferido ao seu fillo despois da súa xubilación. Pasou xa algún tempo desde que Ling Xiuzhen visitou Zhujiajiao por última vez. Actualmente leva unha vida monótona en Shanghai, onde convive con seu

UNA RECETA FAMILIAR/ RAMEN TEH (2018)

Biblioteca Provincial
xoves, 26 de Novembro de 2020 - 19:00

Masato, un mozo chef de ramen que quere saber máis sobre o pasado dos seus pais falecidos, deixa a súa cidade natal en Xapón embarcándose nunha viaxe culinaria cara a Singapur para encontrar a verdade sobre o seu pasado e a súa familia. Durante esa deliciosa odisea, Masato descubrirá os segredos dos seus antepasados, suculentas receitas e moito máis.