La otra Orilla

HEDOR (2019)

Vello Cárcere
xoves, 26 de Novembro de 2020 - 19:00

Un home claramente aristocrático tenta ler no seu cuarto de lectura. Pero a súa concentración vese interrompida por algo que o distrae: parece haber un mal cheiro en algures na habitación. Cheira o aire, descobre que non é nada e volve concentrarse no libro. Pero o cheiro volve con máis forza e, entón, decide levantarse da súa cadeira para atopar a fonte do estímulo; percorre todo o cuarto e non pode descubrir de que se trata.

ACOSO (2019)

Vello Cárcere
xoves, 26 de Novembro de 2020 - 19:00

Unha moza chega a un antigo casarío, onde funciona un centro cultural, a
tomar unha clase individual. Atopa á súa profesora golpeada, inconsciente, atada e medio espida. Escoita ao agresor dentro da casa e tenta esconderse.
Ao ser descuberta prodúcese unha frenética persecución a través dos diferentes ambientes. Finalmente a suposta vítima converterase en heroína.

PIEDAD (2020)

Vello Cárcere
xoves, 26 de Novembro de 2020 - 19:00

Mentres unha nube de po tóxica se aproxima á casa dunha familia, unha nai e un pai deberán decidir entre sacrificar a un dos seus tres fillos ou tomar o risco de perdelos a todos.

EL VIAJERO (2020)

Vello Cárcere
venres, 27 de Novembro de 2020 - 19:00

Un home, recentemente viúvo, está a pasar a última etapa do seu doloroso duelo nunha cabana apartada, coa única compaña do seu can, que será o nexo cun enigmático viaxeiro. Entre os tres medrará unha profunda amizade.

POCHOCLO (2020)

Vello Cárcere
venres, 27 de Novembro de 2020 - 19:00

Pochoclo, o personaxe principal, é un neno que traballa co seu pai como voceiro nun "minibus", o seu traballo será abrir e pechar a porta do bus, ademais de cobrar a pasaxe aos pasaxeiros, pero o que el realmente desexa é ter unha infancia como calquera outro neno, poder xogar e ir ao colexio.

KOPAKABANA (2019)

Vello Cárcere
venres, 27 de Novembro de 2020 - 19:00

Película ambientada no barrio de Copacabana, elaborada a través dunha colaxe de imaxes actuais e de arquivo (Super 8 e dixital). Un traballo experimental narrado polo discurso significativo do poeta Fausto Fawcett e sonorizado polo músico Arnaldo Brandão.