La otra Orilla

ANTES DE LLOVER (2019)

Vello Cárcere
martes, 24 de Novembro de 2020 - 19:00

Vicente un xornaleiro, Helena a súa esposa e as súas dúas fillas, viven nunha pequena casa. O teito é prestado. Miriam, irmá de Helena e dona do teito, acompañada con dous homes, decide quitárllelo sen importar que se aveciña unha tempestade. Vicente tenta todas as formas para persuadila, pero é inútil. El pide a Helena que mentres pasa a choiva vaia ao pobo para conseguir refuxio para as súas fillas. Pero ninguén, nin sequera a súa amiga, lles axuda. Agora, os catro deben buscar a maneira de protexerse da torrencial chuvieira baixo a armazón da súa casa destellada.

SE PERDIÓ (2020)

Vello Cárcere
martes, 24 de Novembro de 2020 - 19:00

Os días na estación de tren de San Antonio dos Baños parecen ser iguais e máis agora que o tren deixou de pasar. Ninguén sabe cando vai volver, pero todos seguen nos seus cargos listos para traballar. O tempo avanza lento, non obstante as múltiples dinámicas que acontecen ao redor da estación e os seus traballadores demostran que todo segue en movemento. 'Se perdió' fala sobre a incerteza como o motor das accións
dos personaxes.

AHORA SOY MARÍA (2020)

O Vello Cárcere
martes, 24 de Novembro de 2020 - 19:00

Logo da morte do seu marido, María percorre a súa enorme casa. Branca, a
empregada, aínda xunta as cousas que quedan del. As dúas atópanse no baleiro da mansión. Pola noite, María e Branca cean. Nun intento de aproximarse cara a unha nova intimidade, María pregúntalle a Branca polo seu pasado.

NÚMERO PRIMO (2019)

Vello Cárcere
mércores, 25 de Novembro de 2020 - 19:00

A calor nun verán ardente dos 90´ en Bos Aires eleva as hormonas dos curmáns adolescentes, que pasan as súas vacacións, como tantas outras, sen facer moito. Rodeados por unha contorna familiar disfuncional de clase media alta en decadencia, xogan a imitar os roles asignados na súa propia familia. Este xogo lévaos a unha situación que os pon ao límite. Serán descubertos? Ou a familia seguirá vendo o que aparenta ser?

LA HABANA ESPERA (2019)

Vello Cárcere
mércores, 25 de Novembro de 2020 - 19:00

Douglas e Gustavo, sentados ao bordo da súa illa, esperan a quen desexe cruzarse no seu camiño para escoitar a súa historia. Acompañados da calor dunha botella de ron, os desexos, anhelos e afeccións dun sector da sociedade cubana toman voz no dique da Habana.

CHILE DESPERTÓ (2020)

Vello Cárcere
mércores, 25 de Novembro de 2020 - 19:00

Logo da subida de 30 pesos á tarifa do metro de Santiago, o pobo chileno levantouse en contra das medidas represivas que tomou o goberno de Chile para frear as diversas manifestacións e protestas da xente ao longo do país. Cun pano sobre a cara e cámara en man, desvelamos o verdadeiro  descontento do estalido social que mantivo ao pobo chileno durmido durante 30 anos nunha falsa democracia.

TRES PISOS (2020)

Vello Cárcere
mércores, 25 de Novembro de 2020 - 19:00

Unha nena, unha esposa e unha anciá viven nun edificio de apartamentos,
unha enriba da outra. Mariana só quere xogar, pero a súa nai obrígaa a estudar. Cristiana fai a equipaxe e tenta escapar do seu esposo agresor. No último piso, Carmen quere escoitar a radio, pero a súa filla abusiva non o soporta.