Sinopsis
Cafeína é un esperpento, unha ficción disparatada da viaxe dun personaxe cara a súa propia decadencia.
Pepe é un home tranquilo e de costumes sinxelos como tomar café cada tarde no bar de Carmela. Este é o
seu remanso de paz, o seu lugar de harmonía consigo mesmo e co mundo.Todo xira sincronizadamente ao redor dunha sinxela cunca de café. Cando Carmela morre, Nora herda o bar e expulsa a Pepe do seu santuario persoal tras un duelo ao máis puro estilo western. A partir deste momento, Pepe tomará a firme decisión de reencontrarse co seu café perfecto percorrendo canto bar atope na cidade. Unha espiral psicodélica e cafeínica de desexo e adicción, un remoliño escuro onde Pepe irá degradándose ata converterse nun antiheroe que non deixará á sociedade indiferente.