MARE (2019)
Unha moza busca a alguén que entrou na súa casa cando se encontra no límite entre o soño e a vixilia. Baseado no cadro 'The Nightmare' de Henry Fuseli, 'Mare' describe unha parálise do soño segundo o mito do íncubo.
Unha moza busca a alguén que entrou na súa casa cando se encontra no límite entre o soño e a vixilia. Baseado no cadro 'The Nightmare' de Henry Fuseli, 'Mare' describe unha parálise do soño segundo o mito do íncubo.
Lois mantén unha tensa relación co seu pai, xa vello e viúvo. Aínda que está decidido a darlle outra oportunidade e intentar salvar a relación, o pasado e o carácter do proxenitor porán a probar os límites de
Lois.
Vaia onde vaia, atope a quen atope, parece que a Juan nunca lle sae nada de nada, parece que sempre se lle
augan os plans. É coma se vivira sempre cos calcetíns mollados. Ata que descobre que o que a auga estraga a auga o cura.
Un grupo escolar fai o Camiño de Santiago como excursión de fin de curso. Todo vai ben ata que dúas
alumnas se perden no bosque. Mestres e alumnos aprenderán unha lección que non poderán esquecer xamais.
Juan e Pedro, dous perdedores que non pasan polo seu mellor momento, apuran o último licor café no bar da
Socia. Fartos da súa situación, decidirán vingarse do sistema tomando a decisión máis absurda das súas vidas: voar un barco situado na rotonda máis concorrida do seu barrio.
Cafeína é un esperpento, unha ficción disparatada da viaxe dun personaxe cara a súa propia decadencia.
Pepe é un home tranquilo e de costumes sinxelos como tomar café cada tarde no bar de Carmela. Este é o
“Come e cala", din. Sara é unha anciá sen tempo para historias. Invitárona a comer coa familia, cousa xa case
esquecida, e non sabe por que.
Unha homenaxe ao cine de Orson Welles, filmada en Galicia e en 16mm. Unha historia romántica cunha única protagonista: a morte. Conta a lenda que o último día do ano, cando soan as doce badaladas de media noite, acoden ao cemiterio as almas dos que van morrer o próximo ano. Serás ti un deles?.