Sinopsis
Un mesmo pobo que pertence a diferentes países comeza a recordar como era a vida en común a través dunha fronteira xa diluída. Os “raianos” e as “raianas” viviron a súa propia historia máis alá do que se dispoñía desde Madrid e Lisboa. A partir dos convulsos anos 30 a “Raia” (a Fronteira) foi un camiño de liberdade para os que fuxían da guerra, unha trampa mortal para aqueles que querían seguir combatendo, unha vía comercial para a supervivencia e unha senda de tradicións culturais compartidas para os veciños e veciñas
que tiñan pasaportes distintos. Na “Raia” a Fronteira non separa, unía.