Sinopsis
Teresa traballa moito e non pode parar de fumar. O seu pai acaba de morrer de cancro de pulmón, pero ela no ten tempo para pensar en si mesma. Traballa para unha empresa canadense, onde os seus xefes a coaccionan e intimidan para que realice traballo que non lle corresponde e oculte contabilidades manipuladas, vive nunha submisión laboral e non se atreve a reaccionar. Un día a súa irmá Estrella proponlle unha terapia cun doutor experto en cambios de hábitos. Tere acepta e despois dunha entrevista online pactan un acto psicomáxico ao que debe facer fronte durante vinte dous días para conseguir superar a súa adicción.
A Tere a terapia parécelle absurda pero está disposta a probar calquera cousa, sabe que necesita un cambio na súa vida, que está paralizada e unha esponxa con auga non lle pode facer ningún mal. O que non imaxina é que o cambio será máis profundo e a terapia descubriralle quen é ela realmente.