Sinopsis
André morre en misteriosas circunstancias e a súa muller e as dúas fillas do matrimonio fican soas. As tres terán que aprender a medrar xuntas e facer fronte a unha verdade para a que non están preparadas. O título orixinal deste filme canadense é Dérive, e certamente a verba “deriva” reflicte moito mellor o estado emocional de todas e cada un das pezas que compoñen o trío protagonista de mulleres de diversas xeracións que aparecen no filme. Deriva pola desaparición da figura paterna, pero tamén derivas afectivas, económicas, derivas violentas e sen asomos de solución. As personaxes do filme están tomando a cada momento decisión erróneas das que se aproveita a xente da súa contorna (maiormente homes), pero, aínda por encima, non existe unha liberación para o espectador, porque non hai reacción a maioría das veces por parte destas mulleres. O cinema está frecuentemente para desafogarnos e arranxar o que non funciona no mundo por medio de relatos heroicos. Aquí hai pouco disto, e por iso todo doe un chisco máis, todo é un chisco máis real.
PREMIOS
Festival de Films D´OUTARQUAIS - Canada (2020)
Les RENDEZ-VOUS QUÉBEC CINEMA - Canada (2020)
Cinema ON THE BAYOU FILM FESTIVAL - Canada (2020)
CINEFRANCO Festival-Canada (2019)
Special Screening AT CANADIAN EMBASSY IN TOKIO (2019)
WINDSOR INTERNATIONAL FIL FESTIVAL - Canada (2019)
CINEMENTAL FESTIVAL DES FILMES FRACOPHONES - Canada (2019)
CINEFEST SUDBURY International Film Festival - Canada (2019)
Festival de Cinema DES 5 CONTINENTS-FSC - Canada (2019)
Vancouver International Film Festival - Canada (2019)
International FILMFESTIVAL MANHEIM HEIDELBERG Alemania (2019)
CINEUROPA Compostela (2019)
Mostra Internacional de Cinema Sao Paulo (Brasil) - (2019)
OFF-COURTS TROUVILLE QUÉBEC OSCARS AWAR Canada (2019)
Festival Internacional de Cine de Cartagena-FICCI (Colombia) (2019)