Sección Oficial

FENDAS (2019)

Auditorio Gustavo Freire
luns, 23 de Novembro de 2020 - 19:00

Catarina é investigadora no campo da física cuántica recén chegada á rexión de río Grande do Norte en Brasil. Catarina traballa no Instituto Internacional de Física e investiga os espazos sonoros na imaxe. A inmersión na súa investigación é, ao mesmo tempo, unha inmersión na súa vida. Catarina está en  constante movemento. E neste fluxo, o pasado, o presente e o futuro converxen, dándonos a dimensión do seu universo subxectivo.

1100, A PUNTO DE EXPLOTAR (2019)

Auditorio Gustavo Freire
martes, 24 de Novembro de 2020 - 19:00

Leo está en crise coa súa parella, Lorena, e traballa doce horas por día como chofer de taxi na cidade de Rosario. A cidade está cambiando (está medrando vertixinosamente) e iso amólao. De imprevisto un pasaxeiro desmáiase dentro do seu taxi. Leo lévao ao hospital e logo atopa dentro do seu vehículo un paquete esquecido. Durante o resto do día, mentres traballa, busca devolvelo. Nas rúas da tensa cidade, crúzase con situacións que agudizan o seu profundo malestar. Sempre se contivo, agora parece a punto de explotar.

EL DESEO DE ANA (2019)

Auditorio Gustavo Freire
martes, 24 de Novembro de 2020 - 21:00

Ana vive co seu fillo Mateo nun apartamento de clase media da Cidade de México. A rutina familiar dá un xiro cando Juan chega a visitalos despois de varios anos de ausencia. O reencontro desata recordos e segredos do  pasado que Ana terá que confrontar para buscar, ao fin, a tranquilidade que se lle negou por tanto tempo.

MAQUIS (2019)

Auditorio Gustavo Freire
mércores, 25 de Novembro de 2020 - 19:00

España, 1949. Dez anos despois do final da Guerra Civil, mentres os maquis seguen loitando no monte contra o fascismo, no chan as mulleres sofren a represión. En cada casa hai un conflito do que ninguén quere falar; algunhas prefiren esquecer e outras seguir loitando.

LA MALA NOCHE (2019)

Auditorio Gustavo Freire
mércores, 25 de Novembro de 2020 - 21:00

Unha fermosa muller prostitúese. Debe entregar os seus ingresos ao xefe
dunha mafia de trata de persoas, pero a enfermidade da súa filla e a  adicción a unha droga de farmacia impídenlle ser tan cumprida coma sempre. Un evento inesperado daralle a oportunidade de deixar de obedecer e tomar a xustiza polas súas mans.

EL DESENTIERRO (2019)

Auditorio Gustavo Freire
venres, 27 de Novembro de 2020 - 19:00

Unha parella e un neno escapan cara ao norte arxentino cun botín de dólares e quedan varados en Jujuy. A relación da parella deteriórase, o neno pérdese no entroido de Humahuaca e a traizón agardará escondida no diaño entroideiro.

Unha road movie latinoamericana dirixida ao típico Entroido de Humahuaca, onde esta antiga festa celebrada polos nativos, cambiará a vida dunha parella e un neno.

DÉRIVE/ THE FAR SHORES (2018)

Auditorio Gustavo Freire
venres, 27 de Novembro de 2020 - 21:00

André morre en misteriosas circunstancias e a súa muller e as dúas fillas do matrimonio fican soas. As tres terán que aprender a medrar xuntas e facer fronte a unha verdade para a que non están preparadas. O título orixinal deste filme canadense é Dérive, e certamente a verba “deriva” reflicte moito mellor o estado emocional de todas e cada un das pezas que compoñen o trío protagonista de mulleres de diversas xeracións que aparecen no filme. Deriva pola desaparición da figura paterna, pero tamén derivas afectivas, económicas, derivas violentas e sen asomos de solución.

ALEKSI (2018)

Auditorio Gustavo Freire
sábado, 28 de Novembro de 2020 - 19:00

Aleksi é a típica nena ben que, tras varios intentos de estudos e prácticas no estranxeiro, volve á casa dos seus pais. Mentres evita traballar na empresa de viño familiar e espera a resposta á súa última solicitude de prácticas en Berlín, pasa o tempo facéndose a fotógrafa abstracta, pasando o tempo coa súa prima Lea e sopesando perspectivas de relación con tres homes moi diferentes. O primeiro, Goran, é un músico local polo que sente unha atracción inmediata, pero cuxas ideas conservadoras sobre roles de relación a espantan.

EU TAMÉN NECESITO AMAR (2019)

Auditorio Gustavo Freire
sábado, 28 de Novembro de 2020 - 21:00

O documental está baseado na vida (íntima) da nai do cineasta. De aí varios testemuños de mulleres de diferentes ámbitos relatan as súas historias persoais que remataron levando ao matrimonio... ou non.
Despois da morte accidental de Pura, a protagonista, sen ter gravado ningunha entrevista, o autor elixe por asumir o papel de narradora baseándose no que contou, deixando a parte final como monólogo na súa memoria, que é a de tantas mulleres nacidas ao redor da Guerra Civil, como se viu ao longo do documental.