Cine Galego

A MEMORIA DA RAIA (2019)

Vicerreitorado Universidade
martes, 24 de Novembro de 2020 - 19:45

Un mesmo pobo que pertence a diferentes países comeza a recordar como era a vida en común a través dunha fronteira xa diluída. Os “raianos” e as “raianas” viviron a súa propia historia máis alá do que se dispoñía desde Madrid e Lisboa. A partir dos convulsos anos 30 a “Raia” (a Fronteira) foi un camiño de liberdade para os que fuxían da guerra, unha trampa mortal para aqueles que querían seguir combatendo, unha vía comercial para a supervivencia e unha senda de tradicións culturais compartidas para os veciños e veciñas

DENDE QUE CHEGOU A LUZ (2019)

Vicerreitorado Universidade
mércores, 25 de Novembro de 2020 - 19:45

Mentres acompañamos ao tempo no seu imparable camiño cara un futuro incerto, a única forma que temos de mirar o pasado é a través dos relatos daqueles que o habitaron. Eles son os gardiáns de coñecementos esenciais para a supervivencia, agora innecesarios para a vida contemporánea. Na súa humilde cociña Carmen cóntanos historias que tratan sobre cultura e sociedade cheas de costumes, folclore e supersticións.

QUIERO DEJARLO (2020)

Vicerreitorado Universidade
mércores, 25 de Novembro de 2020 - 19:45

Teresa traballa moito e non pode parar de fumar. O seu pai acaba de morrer de cancro de pulmón, pero ela no ten tempo para pensar en si mesma. Traballa para unha empresa canadense, onde os seus xefes a coaccionan e intimidan para que realice traballo que non lle corresponde e oculte contabilidades manipuladas, vive nunha submisión laboral e non se atreve a reaccionar. Un día a súa irmá Estrella proponlle unha terapia cun doutor experto en cambios de hábitos.

GARZA (2020)

Vicerreitorado Universidade
mércores, 25 de Novembro de 2020 - 19:45

Cando volvo á casa gústame tomar o café coa miña tía. So ou con leite? -pregúntame sempre. Con leite
-respóndolle sempre. Ela é máis de tomalo só. E soa.

16 DE DECEMBRO (2019)

Vicerreitorado Universidade
mércores, 25 de Novembro de 2020 - 19:45

Sábado. Cae a noite. O balón móvese rápido dun lado a outro. Os corpos buscan introducirse nos ocos que deixa a defensa. Lucía, vinte e cinco anos, sae de adestrar a balonmán e vai buscar o seu irmán en moto baixo as luces dunha cidade que cre recoñecer.

ANHELO (2020)

Vicerreitorado Universidade
xoves, 26 de Novembro de 2020 - 19:45

A sociedade actual nos impón un ritmo de vida no que o deber e as responsabilidades profesionais pasan
por riba dos nosos desexos individuais. Parece non quedar tempo para adicar ao que nos aporta realmente
felicidade. Canto tempo pode alguén soster esta situación?

MALCAVADA (2020)

Vicerreitorado Universidade
xoves, 26 de Novembro de 2020 - 19:45

Catro amigas reúnense nunha adega da Ribeira Sacra para pasar unha fin de semana de conversa,viño e risos. Coñecéronse non hai moito e decidiron verse todos os veráns a partir dese momento. Este ano terán que tomar unha decisión que cambiará as súas vidas.