ALBA (2020)
Kevin é un escritor obsesionado con publicar a súa primeira novela. Tras varios intentos, a desesperación apodérase da súa mente, facendo que deixe todo de lado para centrarse na historia que empeza a ocupar cada espazo da súa vida.
Kevin é un escritor obsesionado con publicar a súa primeira novela. Tras varios intentos, a desesperación apodérase da súa mente, facendo que deixe todo de lado para centrarse na historia que empeza a ocupar cada espazo da súa vida.
Lázaro e Chloé viven unha realidade que é común a moitas persoas, onde tanto por influencia familiar como pola presión social, vense subxugadas a vivir unha vida que non lles pertence. Ata onde chega a súa liberdade?
Vídeo ensaio documental que mostra a enorme presenza da figura da cruz cristiá en Santiago de Compostela.
Unha citación, duas mulleres cun obxectivo: matar a unha persoa en menos de 12 horas. O tempo sería suficiente se unha delas non fora un tanto hipocondríaca.
Cada época da nosa vida asústanos dunha maneira distinta. Sempre temos medos que nos impiden avanzar, que non nos deixan vivir. Na nenez tememos o fantástico, o inexistente; na adultez temos un medo práctico, pois tememos que nos quiten aquilo que nos permite vivir; na vellez asústanos a morte, o noso final e o sobrenatural. Mentres vivimos, loitamos contra eses medos incesantemente. E está claro que podemos vencelos, ás veces sen axuda de ninguén, simplemente cambiando a nosa mentalidade temporal e facéndonos nenos, adultos ou anciáns, segundo a necesidade.
Despois dunha tormenta, a pescadora María saca ao seu marido, que desapareceu no mar hai anos, do océano... vivo, e o seu ardente desexo de amor faina crer o imposible.
Un mozo fai turismo por Santiago de Compostela e atopa un mozo bailando na rúa. Veñen de mundos moi diferentes, pero teñen máis cousas en común do que cren.